Monday 06 de May de 2024

Clausura dos cursos de prevención de riscos  en construción e en traballos de albanelería


 

Nas últimas horas clausuránronse os cursos Prevención de riscos laborais en construción e Prevención de riscos laborais en traballos de albanelería. Na Casa da Cultura de Ordes impartíronse ao longo das últimas semanas un total de 66 horas de formación gratuíta das que se beneficiaron 30 persoas. Esta iniciativa estivo orientada especialmente ás persoas demandantes de emprego da comarca ordense. Ademais do propio Concello de Ordes, como entidades organizadoras tamén figuran a Fundación Laboral de la Construcción e o Organismo Paritario para la Prevención en la Construcción.